Biografía

O dúo Sete Saias xorde no seo do Conservatorio de música Tradicional
da Escola de Artes e Oficios de Vigo, concretamente da aula de
Rodrigo Romaní.

Clara Pino e Marta Quintana son as súas compoñentes, dúas mulleres galegas que amosan no seu traballo a orixinalidade, a beleza e o contrapunto nas voces e nas arpas. A paisón pola música é común en ambas compoñentes de Sete Saias, actividade que compaxinan coas súas profesións como profesoras de Música no ámbito do ensino en Primaria e Secundaria.

Asi, Clara Pino é licenciadas en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, estudos que compaxina coa súa formación musical no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Na actualidade é profesora de Música no IES Francisco Asorey en Cambados. Asimesmo rematados os seus estudos de arpa celta continua a súa formación nas disciplinas de Zanfona e Canto no citado Conservatorio de Música Tradicional.
Por outra banda, Marta Quintana, diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de Santiago de Compostela, estudos que tamén compaxina coa formación musical no Conservatorio de Vigo, na actualide
dirixe a Aula de Música Compás, ademais de ser mestra en Educación Primaria.

Rematados tamen os seus estudios de Arpa Celta continúa a súaformación nas aulas de canto e percusión.

O paso por diversas formacións musicais das dúas compoñentes de Sete Saias enriquece a súa formación que queda totalmente reflectida neste traballo.

Neste primeiro proxecto musical abarcan non só a música tradicional, principal fonte de inspiración do traballo, senón tamén a música de autor, contando con temas propios. Ademáis contan coa colaboración de grandes artistas como é o caso de Rodrigo Romaní ( autor dalgún dos temas e arranxos), Xose Manuel Budiño e Xose Liz nun total de trece temas producidos xunto a Segundo Grandío. Asimesmo contan tamén coa participación do pintor Vigués Xavier Magalhaes que elaborou a portada e contraportada, o que fai ademais duha obra musical unha obra pictórica.
 

Los comentarios están cerrados.

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: